A pasada fin de semana, sábado 24 e domingo 25 de xuño, un grupo de persoas citámonos en Vilán para a súa limpeza e arranxo, con vistas sobre todo aos campamentos de verán da rapazada de catequese.
O sábado fíxose boa parte do traballo, nun ambiente de cooperación e de compricidade festiva, pola amizade que nos une e pola presenza dun nutrido grupo de nenas e nenos que sempre contribúen a dar alegría a estes traballos. Algunhas das irmás e irmáns que contribuiron á limpeza voltaron a Vigo o sábado pola tardiña, e outras quedamos a durmir para rematar a faena o domingo.
Toda a fin de semana transcorreu, a pesares da calor abafante, entre os traballos varios no exterior e no interior, pero como dicimos houbo espazo para charlas, bromas, xogos e mesmo para baixar á praia fluvial e gozar dun baño fresquiño no medio destas calores veraniegas.
Limpeza en comunidade. Seguimos a compartir a vida!