Dende as organizacións convocantes (Movemento Cidadán «O Noso Barrio», Centro Cultural «Rueiro» e Asociación de Mulleres «Dorna») comparten esta crónica da Festa de A Bouza 2023:
Se hai unha data que marca un antes e un despois para o barrio é a festa da Bouza. Tod@s somos coñecedores do que representa, e que grazas ó esforzo d@s vecin@s podemos gozar da beleza dos seus carballos. O día de onte lembrámolo.
Varias xeracións conviviron, nesta bonita paraxe, para comer, xogar, bailar,…
Gozamos co folk das Pandereteiras de Lumieras Rueiro, que tanto as veteranas como as novas promesas arrincaron os aplausos de todo o mundo.
Despois grupos de fóra continuaron pola tarde. Falamos de Virasons e da Banda de Música de Valadares.
Os xogos infantís e o popular xogo da chave tamén fixeron pasar unha xornada inesquecible, sobre todo para @s máis pequen@s.
Dende a organización queremos dar as grazas a todas as mans amigas que empuxaron para que isto saíse adiante. Esperamos repetir e contamos con tod@s vós para a seguinte edición.
Un saúdo.