2º DOMINGO DE CORESMA (5 de marzo).
No evanxeo de hoxe, Xesús transfigurase ante Pedro e Santiago, despois de subir con eles a unha montaña. E escoitase a voz de Deus, que so fai unha petición directa aos discípulos: “Escoitádeo”. Esa foi, e segue a ser, a petición que nos dirixe hoxe a nós, comunidade cristiá do século XXI: “Escoitádeo”. E a primeira frase que sae da boca de Xesús tras esa petición de Deus é: “Erguédevos, non teñades medo”.
Nós, fráxil humanidade destes tempos escuros, atordados polas crises, as pandemias, as guerras, seguimos a vivir con medo, seguimos a escondernos, seguimos a refuxiarnos nas nosas inseguridades. Pero cada día, cada novo amencer, temos a oportunidade de escoitar, coa cabeza e co corazón, as palabras de Xesús de Nazaret. Temos a posibilidade de renunciar aos nosos egoísmos, como lembramos no primeiro domingo de coresma. E, para iso, debemos superar os nosos medos e abrir o corazón, saír á rúa e tranfigurarnos co recoñecemento de que somos todas, todos, unha comunidade de irmáns e irmás que se necesitan mutuamente e que comparten os mesmos anhelos de amor, xustiza e paz. Así, pois, ese é o segundo paso deste Tempo de Coresma: vencer os nosos medos.
E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo:
– Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.
O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. Xesús achegándose, tocounos e díxolles:
– ¡Erguédevos, non teñades medo!
Mt. 17, 5-7