O Espazo Aberto Antimilitar lanza outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares (OFGM) baixo o lema: "Os teus impostos matan, ti podes desarmalos".
Como sabedes a OFGM é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.
Tedes toda a información da campaña e de como facer a OFGM nas vosas declaracións da renda na web: www.nonaogastomilitar.org
I have been absent for a while, but now I remember why I used to love this site. Thank you, I?¦ll try and check back more often. How frequently you update your web site?