Para atender ás necesidades que provocan os acontecementos en Ucraína, dende a diócese propoñen dúas iniciativas:
1) O donativo económico a través das contas de Cáritas .
2) A entrega de determinado material de hixiene, mediciñas, roupa e comida na parroquia de Santa Marta.
Tras ter expresado o noso compromiso pola paz na oración comunitaria e no Círculo de Silencio que compartimos esta semana, agora temos a oportunidade de concretar a nosa solidariedade coas vítimas da guerra a través destas dúas propostas.
Animádevos a participar! Tedes toda a información neste cartel: