MANIFESTO CONXUNTO HOAC e a XOC DÍA DA MULLER TRABALLADORA

XUNTAS CONSTRUINDO AMIZADE SOCIAL (8 DE MARZAL DE 2021)

Neste 8 de marzal, Día Internacional da Muller Traballadora, nos atopamos nun contexto marcado pola pandemia da COVID-19. Vivimos o impacto de múltiples crises (sanitaria, económica, laboral, etc.) que poñen as claras un sistema corrupto que despraza e descarta a millóns de persoas. Todas estas crises teñen un factor en común, as mulleres, que siguen sendo especialmente afectadas.

«Antes de la pandemia, ejercía como monitora de comedor y de talleres. Que también eran trabajos precarios. Pero a causa del Covid, como muchas otras personas me he quedado en paro. Ha sido duro porque no me lo esperaba y ahora en casa no contamos con ningún ingreso más que la paga de mi madre que no llega a los 500 euros. Estoy echando currículums por todas partes y bastante desesperada.» –Triana, joven de 21 años.

Algúns datos que nos poden servir para recoñecer esta realidade:

  • No noso país, estase producindo un auxe no feito da trata de mulleres explotadas laboralmente. Na maioría dos casos, permanecen ocultas e invisibilizadas. Mulleres traídas baixo promesas dun traballo digno cando o que lles espera é unha situación de escravitude e ameazas continuas. No mundo a maior parte das víctimas de trata son mulleres adultas (49%), seguidas das nenas (23%), sendo a explotación laboral o segundo motivo despois da explotación sexual.
  • A conciliación familiar sigue sendo un asunto pendente que se ten feito aínda máis evidente agora. Según o Instituto Europeo da Igualdade de Xénero (EIGE), o 84,5% das mulleres no noso país realizan tarefas domésticas cada día e soio un 41,9% dos homes cociñan o fan outro tipo de traballo dentro do fogar a diario. Nesta falsa conciliación familiar, o tele traballo estase convertendo nun arma de dobre fio para as mulleres, cun incremento nas cargas de traballo de cuidados, nunha perda nas relacións laborais comunitarias.
  • A brecha de xénero no mercado laboral sigue incrementándose, acelerándose nestes últimos meses. Según o último informe do Instituto da Muller aumenta a proporción das mulleres nas estadísticas de desemprego, do traballo precario, a tempo parcial ou na economía informal. Topámonos con sectores nos que abunda a man de obra femenina, como o turismo, comercio ou a hostelería, que corren un serio risco de retroceso e xeneran despidos. Destacamos a importancia dalgúns traballos como o das empregadas do fogar ou traballadoras de supermercados que teñen con querido visibilizarse durante esta crises. Graciñas a elas temos con querido alimentarnos e curarnos, sendo traballos que ata agora non se tiñan considerado como tan esenciais. Temos que dar valor a estes traballos procurando unhas condicións laborais dignas rematar coa precariedade que afecta a estes sectores.
  • O impacto da pandemia ten sido moi duro para as mulleres, particularmente desproporcionado para as mulleres xovenes, xa que sofren maior precariedade e peores condicións laborais. No segundo trimestre de 2020, a proporción de mulleres xovenes ocupadas a tempo parcial (29,2%) casi duplicaba a de homes na misma situación (17,6%) e entre as persoas xovenes menores de 25 anos a tasa de paro chegou casi o 40%.

Un ano máis, a Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) e a Juventud Obrera Cristiana (JOC), como Igrexa encarnada e comprometida no mundo obreiro e do traballo, queremos mostrar o noso compromiso en favor de:

  • Un cambio do sistema económico e cultural que posibilite que todas as mulleres teñan o dereito a un traballo digno, sendo recoñecidas e respetadas como iguais, tanto no persoal como no profesional.
  • O desenvolvemento de políticas no tele traballo que permitan unha conciliación familiar para homes e mulleres.
  • O establecemento dos controis e inspeccións oportunas nos lugares de traballo para asegurar que se cumplan as leis contra a trata de persoas.

Para poder realizar un cambio a fondo na sociedade é necesario promover unha educación baseada en valores de igualdade, respeto, solidariedade, e complementariedade, na que renunciemos a os cánones impostos de feminidade e masculinidade que non nos permiten desenvolvernos de xeito integral como persoas libres e iguais coa dignidade que nos otorga ser fillas e fillos de Deus.

Dende a JOC e a HOAC, nos sentimos chamadas e chamados a celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora e a dicir SI, o igual que no seu momento fixo María, o compromiso pola creación dun mundo novo. Por iso, xunto o resto de compañeiras e compañeiros das organizacións sindicais, eclesiais, feministas e sociais comprometémonos a seguir traballando por facer real a igualdade de todas e todos.

Comisión Diocesana da HOAC de Vigo