Círculo de silencio polas personas migrantes

Reproducimos a continuación a nova publicada na páxina da Rede Social Galiza Sur, a que pertence, entre outras organizacións, a nosa parroquia. Nela infórmase sobre o primeiro Círculo de Silencio que se vai celebrar na nosa cidade, convocado pola Rede e apoiado pola nosa parroquia e por moi diversas organizacións de Vigo e de toda Galiza.¡Animádevos a participar! O próximo mércores 17, ás 20:00, na Farola de Urzáiz.

30 minutos de silencio polas persoas migrantes

A Rede Social Galicia Sur organiza o primeiro Círculo de Silencio en Vigo.

O 17 de outubro na Farola de Urzáiz coa rúa Príncipe, de 20:00 a 20:30h.

Nun mundo desbordado de ruídos, de sobreinformación que desinforma, de eslóganes e publicidade comercial e política,  o silencio ten un potencial revolucionario para reivindicar outros mundos posibles e necesarios.

Por iso  o 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, eliximos o silencio en solidariedade coas persoas migrantes para denunciar as políticas española e europea nas nosas fronteiras.

O silencio como protesta. Como denuncia. Como acción.

Negámonos a permanecer indiferentes, negámonos a ser cómplices, negámonos a mirar cara outro lado.

Esiximos outras políticas, outras miradas, comprometidas coas persoas antes que cos capitais, cos dereitos antes que cos poderes, coa vida digna antes que coa represión xeneralizada.

Podes consultar aquí o manifesto.

Agardámoste o 17 de outubro!

Qué é un círculo de silencio?

Apoian:  Foro Galego de Inmigración, Coordinadora Galega de ONGD, Rede Galega de Persoas Refuxiadas, Asociación Faraxa, SOS Racismo Galicia, Taller de Solidaridad, Vigo, ACLAD Alborada, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Entreculturas Vigo, Fundación Balms, Fundacion Proclade, Médicos do Mundo, Oxfam-Intermón, Parroquia Cristo de la Victoria, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación de mulleres DORNA, Irmandade Obreira Católica, Acción Verapaz, Movemento cidadán O noso barrio, Centro cultural Rueiro, Centro xuvenil Abertal