O sábado, 19 de Maio, Festa de Pentecostés, a nosa comunidade celebrará comunitariamente o sacramento da “unción dos enfermos”.
O grupo de “pastoral da saúde” está a preparar con ilusión esta celebración como un momento forte da súa actividade de acompañamento aos enfermos da nosa comunidade.
O Concilio Vaticano II deunos a oportunidade de sentir a presenza sanadora de Xesús e @s súas discipul@s ,non só nos momentos fnales da vida, senón tamen cando pasamos pola enfermidade ou cando pola idade imos sentindo a decadencia da vida. Ademais animounos a facelo comunitariamente.
A imposición de mans e a unción co óleo non son senón os signos que se conservan do primitivo cristianismo: Xesús impoñía as mans e o oleo era remedio universal de doenzas, alimento e fonte de luz. Ambas as cousas foron o mais visible para significar a bendición de Xesús.
Todos estamos convidados a participar nesta celebración o sábado 19 de maio ás 8 da tarde.