O sábado 18 de novembro celebramos a festa do magosto no barrio. Será no parque de A Bouza, entre o estanque e o parque infantil.
A festa comezará ás 17:00 e dende ese momento poderemos disfrutar das castañas e do viño novo. A partires das 17:30 contaremos coa música dos gaiteiros do centro cultural Pardavila.
Durante a tarde haberá ademais unha mesa de troco para os máis pequenos.
A festa está organizada polo Centro Cultural Rueiro, a Asociación de Mulleres Dorna e o Movemento Cidadán «O noso barrio».