Peche solidario: 12 horas polos 12 de “La Insurgencia»

A Asemblea Aberta de Coia convoca un peche solidario o sábado 28 de outubro de 12:00 a 00:00 nos locais  a parroquia do Cristo da Vitoria (Coia). Pechámonos, como o fixemos a comezos de ano, para amosar o noso apoio e agarimo á rapazada de “La Insurgencia” que por facer cancións corre o risco de seren duramente reprimidos.

Os días 2 e 3 de novembro os 12 rapeiros deste colectivo musical serán xulgados na Audiencia Nacional. A petición para cada un deles é de: 2 anos e 1 día de cadea, 4800€ de multa e 9 anos de inhabilitación para cargo público.

Para demostrar, de novo, que en común podemos facerlle fronte á represión convidamos a participar nas actividades organizadas:

12:00 – Presentación do peche e rolda de prensa
12:30 – Recital de poesía
14:00 – Xantar compartido
16:30 – Obradoiros
18:30 – Proxección e coloquio sobre o caso de “La Insurgencia”
20:30 – Cea (venta de choripán e perritos)
21:30 – Micro aberto poesía e música
22:00 – Concerto “La Insurgencia»

Durante todo o día haberá exposición de fotografías e mercadillo solidario.

Xuntas pola liberdade de expresión! Fronte á represión, VIDA!

Vídeo de Galiza Contrainfo > https://www.youtube.com/watch?v=pKF0EIutYwM

Escoita en Nosotras la personas a Saúl de «La Insurgencia» > http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-2017-06-20