Centos de crentes cristians galegos xuntamonos o sábado 9 de setembro no Paque Forestal de Beade convocados pola Asociación Irimia para celebrar o 40º Romaxe de Crentes Galegos que levaba por lema «Andaina do Pobo e Fe». Dende prmeiras horas da maña o Grupo de Gaiteiros e Pandereteiras de «Rueiro»recibía o son da música da terra ós Romeiros. Un grupo notable de xente do Cristo da Victoria obsequiaba ós viaxeiros cunha tapiña de sardiñas. As 12 da mañan tivo lugar a celebración que recolleu a andaina de 40 anos por toda Galicia e envolveulla no magnífico texto das benaventuranzas de Xesús, verdadeiro contido do camiño de fe. Varios berros secos remataron a celebración ahuyentando os males que nos envolven. Mais tarde Xantar Comunitrario e festa animada por Mini e Mero e a zanfoña de Romualdo. As 6 da tarde unha preciosa oración no balcón do Parque deu fin o fermoso dia. E ata o ano que ven que xutaremonos noutro lugar: Sobrado dos Monxes (A Coruña).