Día sen compras contra o despifarro no nadal

Ecoloxistas en Acción e outros colectivos de máis de vinte países, celebran o Día sen compras 2007 o próximo venres 23 de novembro. É un día especialmente importante para reflexionar sobre un modelo de consumo que cada vez amosase máis insostible, social e ambientalmente.

{mosimage}

Co nadal acrecentase o uso irresponsable dos recursos e a xeración de residuos, nun dos mellores exemplos de insostenibilidade, dado o escenario de crise ambiental no que nos atopamos. Ecoloxistas en Acción participa o vindeiro 23 de novembro no Día sen compras, un bo momento para reflexionar sobre a necesidade doutro modelo de consumo.

Outro ano máis comezan a acenderse as luces do nadal, sinal de partida da época máis consumista do ano. As principais cidades españolas gastarán este ano máis de seis millóns de euros en instalar e manter o alumeado de nadal. Tan só Madrid gastou o ano pasado nesta partida 3,5 millóns de euros, emitindo unhas 3000 toneladas de C02 á atmosfera, todo un luxo para un país que xa é líder en incumprir o protocolo de Kioto de redución de emisións.

Pero tamén cada cidadán español fará un gasto en nadal cercano aos 1.000 euros, a pesares de que a pisada ecolóxica española medrou, só nos últimos dez anos, un 34%. Segundo o informe elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente, os españois consumen e contaminan case tres veces por riba da súa capacidade biolóxica. Así, cada habitante usa e contamina os recursos de 6,4 hectáreas, mentres que a biocapacidade do territorio (as hectáreas que poden consumirse ou contaminarse para manter un desenvolvemento sostible) é de 2,43 hectáreas.

É que o nadal representa como ningunha outra época o consumo do envoltorio superfluo e o despilfarro con finalidade de lucimento. Por iso, cando o resto do ano cada persoa xera un kilo e medio de lixo ao día (hai 30 años non chegábamos nin a medio kilo) nestas datas son dous kilos; e a metade, envoltorios e embalaxes.

Forzado a toda máquina o actual modelo de consumo, o nadal acrecenta o uso irresponsable dos recursos e a xeración de residuos no mellor exemplo de insostenibilidade. Pero non só ambiental: cando cada ano incrementase o número de persoas desnutridas en catro millóns, nestas datas tiranse ata un 40% dos alimentos producidos, debido a descartes por exixencias estéticas do mercado, os fallos na distribución de tan grandes volúmenes, etcétera (FAO, 2006).