Actividades «Dorna» para o mes de Abril

Achegamos as actividades que a asociación de mulleres "Dorna" organiza para este mes de abril:

Continúan as actividades de: Pintura, Patchwork, Ioga, Tai-chi, Danza Oriental, Petanca e Expresión Teatral.

Ademais comenza un novo curso de: "Arquitectura galega" que comeza o 28 de abril e rematará o 15 de xuño. Serán os venres de 16.00 a 18.00. Para anotarvos pasade pola secretaría os luns de 19.00 a 20.00.

Lembramos que está aberto o prazo para anotarse á excursión-convivencia a Malpica (7 de Xuño) e para a Cea-baile das mulleres que terá lugar o 24 de maio no hotel Coia.

{mosimage}