A Asociación de Mulleres «Dorna» do barrio de Coia xurdiu hai anos para dar resposta ás necesidades demandadas pola mulleres da zona. O seu obxectivo é o de favorecer a integración igualitaria da muller dentro da sociedade así como axudar a tentar o desenrolo integral da súa personalidade no traballo, na familia e no barrio. Entre as súas actividades están as charlas-coloquio para dotar á nosa comunidade veciñal de informacións interesantes.
O vindeiro 17 de Outubro, ás 6,30 da tarde, no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria (R/ Baiona, 9-B) ofrecen ó barrio unha charla sobre «Os riscos de internet» (Infomar, alertar, concienciar e aconsellar sobre «o perigo na rede»). O ponente será Luis Alberto Luaces Bustabad, Inspector, Delegado e Brigada de Participación Cidadá.