Celebramos en Compostela os 800 anos d@s Dominic@s

Ás 10 da mañá do sábado 11 de Xuño partiamos de A Coruña e Vigo en amplos buses para atoparnos no noso antigo Convento de Santo Domingo de Bonaval (hoxe Museo do Pobo Galego e Panteón de Galegos Ilustres) para comezar unha xornada cultural, convivencial e eucarística con motivo dos 800 anos da fundación da orde. Abriu a Xornada, na preciosa igrexa románica, ca presentación do dia e da ponencia Juan Antonio Terrón, Párroco da parroquia d@s dominic@s en Vigo. A continuación a doctora en historiadora Carmen Manso Porto desenvolveu unha ampla charla con información gráfica sobre «A arte da Orde de Predicadores na Galicia medieval». A través dela redescubrimos a importante presenza de dominicos e dominicas na Galicia doutro tempo.
Terminada a charla tomó a Palabra o Provincial dos Dominicos de Hispania, agradecendo as presencias e expresando a importancia do Xubileu para renovar o espiritu de Domingo no día de hoxe. E tras uns momentos de descanso actuou a Coral «Ars Vocalis» do Centro Cultural da Parroquia d@s dominic@s de Vigo que dleitounos con preciosas pezas de música sacra e tamén co himno do Xubileu (Laudare, Benedicere, Praedicare). Co tempo xusto chegamos ao Colexio da Salle onde participamos nunha comida de fraternidade que se prolongou ata as primeiras horas da tarde en que nos trasladamos ao Mosterio de Santa María de Belvís das monxas dominicas onde celebramos unha Eucaristía de Acción de Grazas. Tivemos o gusto de rematar a celebración co canto da «salve dominicana» e «o lumen».  As irmás obsequiáronnos logo da celebración con refrescos e os ricos doces que elaboran; pero o máis bonito foi poder convivir con elas.
E entrada xa bastante a tarde partimos para os nosos lugares de orixe orgullosos de sentirnos membros da Orde de Predicadores e comprometidos a «alabar, bendicir e predicar» como nos suxería o P. Provincial na súa emotiva homilía.