Este sábado 10 de febreiro o grupo de enfermos de VIH "Imán" pecharase nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona, 9 baixo) dende as 10 da mañá ata as 19.00 do serán.
O motivo do peche e reclamar un albergue público para persoas sen recursos, ademáis dunha nova política que potencie as vivendas en réxime de aluguer para aqueles máis necesitados.
Durante todo o día haberá obradoiros abertos e xantar comunitario.
Ás 12.30 da mañá proxectarase o documental "Un metro cadrado" que fala do problema da vivenda, logo haberá un pequeno coloquio onde falaremos das diferentes alternativas.
Recollida de sinaturas en apoio de politicas e orzamentos urxentes encamiñados a que as persoas "fillas de Vigo", especialmente, enfermas, non sigan a vivir sen auga, luz, bater, cociña, cama, protección, en definitiva SEN TEITO.
Dinámicas de grupo: durante o peche desenvolveremos obradoiros de habilidades para a protección da vida e a saúde.
Tendas de campaña: durante a xornada instalaranse tendas de campaña nos arredores do local parroquial como testemuña de compromiso cas persoas sen teito.
Solta de pombas mensaxeiras: as 5 da tarde soltaranse pombas mensaxeiras simbolizando a volta ao palomar, ao seu teito.
Quedades todos convidados!!!