Todos os anos a nosa Comunidade do Cristo da Victoria organiza unhas charlas por estas datas de Advento. Serán o venres 11 de Decembro ás 8,30 da tarde e o sábado 12 ás 5 da tarde. A teóloga Pepa Torres, que participou no mes de Outubro en Santiago de Compostela no Foro de Encrucillada «Cristianismo sen Igrexa», expondrá o tema de «Unha muller nova nunha igrexa renovada». Pepa Torres ademáis de teóloga é relixiosa Apostólica do Sagrado Corazón de Xesús, vive nunha comunidade intercongregacional no madrileño barrio de Lavapiés onde apoia os movimentos sociais e promove a defensa dos dereitos humanos, sobre todo de inmigrantes e refuxiados desde a Red Interlavapiés.
Nas paxinas anteriores tedes alguns articulos publicados por ela, o seu curriculum e a súa páxina web.