Cronica do Magosto 2015

Non podemos relatar o Magosto desta edición sen facer mención do atentado terrorista perpetrado en París, vésperas da nosa Festa, de man do auto proclamado Estado Islámico que custou a vida a 29 persoas. Desde estas liñas queremos expresar a nosa condolencia e o apoio a todos os familiares das vítimas.

A pesar desta tristeza, o evento programado desenvolveuse segundo o previsto, baixo un ol radiante, o típico  «veranillo de San Martín», e entre as follas secas otoñales que cubrían todo o chan. Quilos de castañas e litros de viño novo foron degustados nunha tarde de reencontro e intercambio entre os colectivos que alí nos demos citas.
Paralelamente ver un vir e ir de persoas en busca de obxetos para darlles unha segunda oportunidade no recuncho da Mesa Parro-Troca. O mesmo dicir do colectivo da ODS que estaba a recadar fondos contra ás inxustizas que nos últimos tempos fixo madeixa nos nosos concidadáns.

O folclore correu a cargo do grupo «Asubio», que como noutras ocasións estivo á altura das circunstancias.

Oxalá, no mundo realizásense moitos Magostos como o que vivimos o fin de semana no Parque da Bouza. Sería signo de paz, de diálogo, de entendemento entre grupos heteroxéneos tanto a, nivel cultural como relixioso.

Vémonos no do 2016.

Vigo, sábado 14 de Novembro do 2015

Ver fotos aquí

Ver mais fotos aqui