Estamos no mes das comuñóns, e tamén no que rematan as diferentes etapas da educación na fe. Tan só é un parón porque a finais de xuño comezan os campamentos de verán en Vilán. Coma o ano pasado haberá tres quendas, os máis pequenos están en 3º de primaria e os maiores en 2º de bacharelato.
As datas dos campamentos serán as seguintes:
– Primeira quenda: 3º de primaria, do 27 ao 30 de xuño.
– Segunda quenda: 4º, 5º, 6º de primaria, do 8 ao 15 de xullo.
– Terceira quenda: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º Bacharelato, do 15 ao 22 de xullo.
O prazo de inscrición para a 1ª quenda remata o 13 de xuño e o prezo deste primer campamento é de 30€. E o prazo de inscrición para 2ª e 3ª quenda remata o 24 de xuño e o prezo destes campamentos é de 65 €.
O venres 6 de xuño, ás 8.30 da tarde faremos unha reunión de presentación e información dos campamentos. Asiste a ela se estás pensando enviar aos teus fillos. Mesmo se xa teñen ido te esperamos para que poidas aportar aos demais a túa experiencia.
Coma todos anos lembramos:
– Ninguén que queira participar debe deixar de facelo por causas económicas. Esta comunidade atende calquera situación persoal. Só hai que dicilo.
– A saída dos autobuses é para todos ás 4.30 da tarde, e o regreso ao redor das 7.00 da tarde.
Podedes descargar o folleto do campamento neste enlace: www.comunidadebasecoia.org/wp-content/uploads/campamentos14.pdf
Quisiera saber en el campamento de 4-5-6 de piimarra que actividades son las que van a realizar, ya que al entrar en la pe1gina web de la empresa no queda muy claro cuales van a ser. Tambie9n saber en que lugar van a dormir, porque en la informacif3n de la empresa los alojamientos no quedan muy claros. Un saludo.