Como cada ano, hai que manter as tradicións, en particular as festeiras, nestes tempos nos que parece que nos arrodean as malas novas. Por iso, voltamos a celebrar a Festa do Entroido grazas a colaboración do Movemento Cidadán «O Noso Barrio», a Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro», que nos convidan a achegarnos ao salón de actos da parroquia a tarde do vindeiro Martes, 17 de febreiro, para pasar un bo rato coa animación e presentación das amigas de «Tatarina».
Xa sabedes que a alegría é o primeiro que hai que defender e cultivar, sobre todo se é dende o barrio e a comunidade… así que non o perdades!

