Charla de Advento con Patuca Fernández

O sábado 29 de novembro ás 17 horas celebraremos a tradicional charla de Advento con Patuca Fernández, avogada da Coordinadora de Barrios e da fundación La Merced Migraciones. Patuca é un referente na defensa dos dereitos das persoas migrantes e tamén experta no ámbito da asesoría xurídica especializada en infancia e situacións de exclusión social. e foi Premio Alandar en 2018 e Premio Nacional de Dereitos Humanos en 2022. É todo un agasallo que comparta connosco a súa experiencia e as súas reflexións sobre a situación e os dereitos das migrantes, polo que agardamos que sexamos moitas as que nos acheguemos a coñecela e a escoitala o vindeiro sábado pola tarde. 

Andimádevos a asistir! Paga moito a pena!