Círculo de Silencio en solidariedade co pobo palestino

O pasado xoves, día 6 de novembro, a Rede Social Galicia Sur convocábanos a un novo Círculo de Silencio, desta vez, como tantas outras, polo xenocidio do pobo palestino. A pesares dos acordos de paz, os palestinos seguen a sufrir os ataques do exército israelí e unha insoportable precariedade ante a situación na que quedaron as súas vilas e cidades tralos ataques á poboación civil. Cómpre un recoñecemento institucional dun estado palestino independente. E cómpren moitos máis medios e a solidariedade internacional efectiva e inmediata para contribuír á reconstrucción e á mellora das condicións de vida dos habitantes.

Como di o texto que se preparou para a súa lectura neste Círculo de Silencio:

Dende a Nakba, expresión árabe que significa “catástrofe” e que marca o comenzo da destrucción da patria palestina e o desprazamento masivo da mayoría da súa poboación en 1948, ate agora, Gaza vive atrapada, e o bloqueo dos últimos años transformou a Franxa nunha prisión a ceo aberto, onde cada xeración herda precariedade: hospitais sen medicamentos, auga contaminada, electricidade intermitente, desemprego masivo.
E o que agora sucede en Palestina non é unha guerra, senón, como cualifican analistas cualificados, un xenocidio planificado polo actual goberno israelita, que continua a pesares do alto o fogo declarado.

[Continúa no manifesto adxunto]

Ofrecemos a continuación o manifesto que se leu ao final do Círculo e algunhas imaxes do mesmo: