Entrevista a Juan Terrón

Esta semana publicábase en diversas redes sociais unha entrevista, que ofrecemos a continuación, ao noso párroco Juan Terrón, centrada no seu labor como capelán do centro penitenciario de A Lama (Pontevedra). A entrevista foi gravada como un episodio do podcast «La intensidad», presentado por Julia Escobar.

Juan comenta como comenzou a súa relación co mundo da cárcere: «Yo llegué a la cárcel por amor, por cariño a personas concretas que estaban allí internadas», persoas que coñecía a partir do seu traballo de acompañamento aos rapaces e rapazas do barrio que estaban en situación de precariedade. Ademais, engade que coordina un piso da Pastoral Penitencia para recibir a persoas presas en situación de permiso e sen recursos para ser acollidos nunha vivenda adecuada.

Paga moito a pena escoitar as reflexións que nos propón Juan sobre temas tan relevantes como as condicións de vida na cárcere, a deshumanización e despersonalización que esta provoca, a falta de ferramentas para unha reinserción que teña un verdadeiro carácter liberador, a necesidade de esperanza tanto dentro como fóra da prisión, a culpa e o perdón, a importancia dos vínculos, da comunidade, dunha rede de apoio e acompañamento, a espiritualidade como unha posibilidade de dar sentido profundo ás nosas vidas. Non fai falla dicir que moitas desas reflexións son extensibles a todas e todos nós…