José Ramón, buscador de la VERDAD

Con tristeza comunicásmovos o falecemento do noso irmán José Ramón, ocorrido mentres pasaba uns días de vacacións en Vigo. O seu corpo foi velado na parroquia o pasado sábado, día 12 de xullo, dende mediodía. Ás 20:00 do mesmo sábado celebramos o seu funeral de despedida.

José Ramón López de la Osa foi un fraile dominico de pensamento profundo, de risa franca e cómprice, de espíritu forte a pesares dos seus continuados problemas de saúde, mestre e referente para moitas persoas coas que se cruzou nos camiños da vida, comprometido coas causas da xustiza e radicalmente implicado na construción do Reino fraterno que anunciou Xesús de Nazaret.

Pasou por Roma, Estados Unidos, Vallecas, Valencia, onde se xubiliou como profesor, e finalmente recalou en Vigo, onde puidemos aprender moito, tanto persoas moi novas como maiores, da súa sabiduría e do seu apaixoado compromiso na procura da verdade. Chegado o momento, na primavera de 2024, decidiu retirarse en La Virgen del Camino para pasar alí o que lle restase de vida.

Como comenta no vídeo que figura a continuación, o que lle queda de todas esas estancias en lugares tan diversos son as persoas, as comunidades, as irmás e irmáns que o acompañaron no camiño.

Damos grazas a Deus pola súa vida e o seu testemuño e encomendamos a José Ramón ao seu abrazo de amor.