2º Domingo de Coresma 16 de marzo
“A nosa patria está no ceo”, lémbranos Paulo hoxe, porque nós non somos escravas das patrias deste mundo, non somos fanáticos das causas de tantos patriotas que poñen o seu por riba dos demais, o propio por riba do alleo, o prexuízo por riba do recoñecemento das diferencias que nos enriquecen e, paradoxalmente, nos fan irmáns, irmás. É aí, na humilde e amorosa aceptación das diferenzas que nos igualan e nos irmandan dende onde poderemos camiñar cara a construción do Reino.
Pero a nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o Señor. […]
Polo tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto saudades, miña alegría e coroa, seguide así firmes no Señor, queridiños!
Flp 3, 20 — 4, 1
