Tusta Aguilar: «Mulleres e precariedades. Perspectivas desde a espiritualidade»

O pasado 14 de decembro celebramos a nosa charla de Advento, para a cal contamos coa participación de Tusta Aguilar, comprometida dende hai moitos anos coa veciñanza do barrio de San Cristóbal (Madrid), nun traballo solidario e calado en favor das persoas máis empobrecidas.

Tusta compartiu coa comunidade as súas reflexións en torno a esta cuestión, que serviu como título da charla: «Mulleres e precariedades. Perspectivas desde a espiritualidade».

Polo seu interese, ofrecemos a continuación o enlace á publicación da Institución Teresiana onde se resume o contido da charla de Tusta e se ofrecen algunhas das súas claves: «Y no perdamos la esperanza».

Non o perdades, porque é moi recomendable!