Grazas ao traballo colaborativo do Movemento Cidadán «O noso barrio», a Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro» contamos un ano máis coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, que chegarán ao noso barrio de Coia ás 17:00, onde recibirán a acollida da veciñanza na Praza do Pobo.
Ás 17:30 está prevista a súa visita a Igrexa do Cristo da Vitoria, onde escoitarán os desexos e peticións dos nenos e nenas que agardan con ilusión renovada ano tras ano a máxica noite de Reis.
Non faltarán despois os caramelos e unha chocolatada para todas as amigas que se acheguen.
Animádevos! Feliz 2025!