Tempo de Advento: «Abrindo camiños de esperanza»

Domingo 4º de Advento (22 de decembro)

Cheguei para facer a túa vontade”

Non se acada ese outro mundo posible e necesario so con sacrificios, con renuncias, con doazóns de tempo e cousas, como lembrabamos no 3º domingo de Advento. Precísase ante todo servizo e compromiso dende a boa vontade, dende a dispoñibilidade, dende a gratuidade. O amor materno é des-interesado, como o amor de Deus. Así debe ser tamén o amor fraterno, para dar espazo e tempo ao parto do Reino, para abrir, sempre dende o comunitario, dende un corazón que se parte e se reparte, camiños de esperanza.


Por iso, cando Cristo entra no mundo, di:
«Sacrificios e ofrendas non os quixeches, pero formáchesme un corpo; holocausto e sacrificio de expiación non che gustaron; entón dixen: olla que xa cheguei, meu Deus, para facer a túa vontade.

Hebreos 10, 5-7