José Luis Barreiro, coordinador territorial de Entreculturas en Galicia y Asturias e moi querido nesta comunidade, vén de publicar un extenso artigo sobre a súa experiencia na Fronteira Sur onde nos fala das concertinas, dos valos e do mar de plástico onde explotan a man de obra das persoas sen papeis que sobreviven ás rutas migratorias (rutas marcadas pola dor e con frecuencia pola morte) e non teñen máis opción que someterse a semiescravitude á que os condena este sistema cruel e inhumano.
Achegamos aquí as verbas finais do devandito artigo, coa recomendación de que o leades polo miúdo neste enlace: «Sobre la Frontera Sur (o cómo sobrevivir a las concertinas, a la valla y al mar de plástico)». Paga moito a pena.