Tempo de Advento: «Abrindo camiños de esperanza»

Domingo 3º de Advento (15 de decembro)

Quen teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha”

Chega un momento na nosa vida en que temos que facernos cargo e cargar coa cruz, temos que comprometernos, temos que actuar. Xa non se trata so de reivindicar dereitos (1º domingo de advento) nin de vivir doutra maneira (2º domingo), senón de aprender a superar os egoísmos, as comodidades, as derivas individualistas que nos inculcou o capitalismo. So dende a xenerosidade, a tenrura, a solidariedade, poderemos abrir novos camiños, camiños verdadeiramente alternativos e transformadores que propicien o parto dese Neno-Deus que agarda por nós.

E a xente preguntáballe:

-¿E logo, que temos que facer?

El respondíalles:

– O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.

Lucas 3, 10-11