Gustavo Gutiérrez, o gran teólogo peruano, responsable último da etiqueta «Teoloxía da Liberación», que difundiu nunha obra pioneira e decisiva, faleceu o pasado 22 de outubro. Dende 2001 era dominico, como os frades da nosa parroquia do Cristo da Vitoria, e sempre foi un referente fundamental para a nosa comunidade. Nestas últimas semanas son inmumerables as verbas de gratitude e agarimo que se lle adicaron polas máis diversas persoas e comunidades. Entre elas, traemos aquí as de Frai Betto e Leonardo Boff.
Visitou Vigo no ano 2000, con motivo do IX Congreso de Xustiza e Paz do Colectivo Verapaz, que se desenvolveu na parroquia do Cristo da Vitoria baixo o título: «Justicia y Solidaridad, semillas de esperanza«. A charla de Gustavo Gutiérrez resultou inesquecible e conmoveu fondamente a moitas das irmás e irmáns da comunidade. Aínda hoxe, case 25 anos despois, segue a ser lembrada con emoción por moitas de nós.
Aquel relatorio remataba coas palabras que seguen, que dalgunha maneira seguen a marcar o horizonte para as comunidades cristiás que se comprometen na opción preferencial polas persoas e comunidades empobrecidas en todos os sures da Terra:
Sirvan estas palabras coma modesta homenaxe á miúda pero enorme figura de Gustavo Gutiérrez, irmán e mestre, compañeiro de camiñada…