O pasado xoves 3 de outubro, a Rede Social Galicia Sur, á que pertence a nosa parroquia, convocou un novo Círculo de Silencio, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz.
Desta vez, o motivo era apoiar á HOAC, que dinamiza en Vigo a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD). Este ano, co lema «Por ti, por min, traballo decente», os promotores da iniciativa quixeron reafirmar o seu compromiso coas persoas traballadoras en todo o mundo, e particularmente no estado español, cun crónico desemprego estrutural que afecta tanto ás persoas máis xoves como as maiores.
Participamos no círculo arredor dunha vintena de persoas. Entre elas, membros da HOAC e o noso Bispo, recentemente nomeado, o irmán Antonio Valín, que quixo dar testemuña coa súa presencia do apoio da Diócese a este acto reivindicativo.
A continuación compartimos unhas imaxes do acto, o manifesto «Igrexa polo traballo decente» deste ano e un cartel co resto das actividades que se desenvolverán nestes días para denunciar a situación actual e reivindicar melloras no mundo laboral.