Este pasado sábado, día 21 de setembro, tivemos a nosa Xuntanza de inicio de curso. Foi o reencontro de moitas irmás e irmáns que se senten familia, cinguidos, cinguidas todas por unha arela común: a construción dese outro mundo posible e necesario, un mundo fraterno máis xusto e feliz.
Nese camiñar compartido, esta xuntanza foi o punto de partida para preparar o calendario parroquial, para compartir inquedanzas de cara ao próximo curso e, sobre todo, para desfrutar da compricidade das palabras, das miradas e dos xestos, despois do parón veraniego. Recuperamos folgos e volvemos con forzas renovadas, con ganas de traballar polo Reino, de sementar futuro…