O sábado 8 de xuño celebramos nos baixos do complexo parroquial a nosa asemblea anual, na que repasamos todo o acontecido e desenvolvido durante este pasado curso, así como os proxectos e propostas de futuro, pensando xa no próximo ano.
A asemblea constatou, unha vez máis, a necesidade de máis aportacións, máis compromisos, ante a precariedade na que nos movemos. Pero precisamente por esa situación de precariedade quixemos valorar o moito que se fixo, recoñecendo as numerosas iniciativas que fomos quen de levar a cabo nun marco fráxil e complexo.
Non podíamos rematar doutra maneira que celebrando un xantar comunitario no que compartir a vida, porque esa é a mellor forma de construír e soster a comunidade, dende o compromiso e dende o cotián e o festivo.



