O xoves 13 de abril ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz, a Rede Social Galicia Sur convocou un novo Círculo de Silencio, desta vez para denunciar a dramática crise medioambiental que estamos a padecer en todo o planeta.
O día 22 de abril celébrase en todo o mundo o Día da Terra, e quixemos aproveitar esta data para expresar cun berro de silencio a nosa protesta ante a situación medioambiental do noso planeta. A Humanidade, e en particular a civilización occidental, coa súa explotación masiva dos recursos e o seu desprezo pola vida das outras especies (e con frecuencia tamén da propia especie humana), está a provocar unha crise global sen precedentes, unha crise da que so poderemos saír se, dunha vez por todas, aprendemos a traballar cooperativamente e con miradas a longo prazo. Non podemos agardar máis. O tempo é agora, se non queremos que os nosos fillos e fillas paguen as consecuencias, se non queremos ser culpables ante eles e elas dun futuro aínda peor que o noso xa crítico presente. Moitas, moitos, as persoas e comunidades máis vulnerables e empobrecidas, coma sempre, están a ser as primeiras vítimas: guerras e violencia, fame e falla de recursos, migracións masivas e fronteiras militarizadas… É ese o mundo que queremos?
Tedes o manifesto completo do manifesto a continuación:




