Hoxe varias decenas de persoas compartimos unha nova xuntanza comunitaria na parroquia do Cristo da Vitoria. Ás dez e media da mañá estabamos citadas para reunírmonos e dialogar en torno ao tema proposto: «Como seguir a ser unha comunidade viva que dá vida». Un ratiño antes xa estabamos preparando un pequeno almorzo co que quentar o corpo e compartir uns minutos de conversa informal, de apertas e de risas cómprices.
Despois repartímonos en dous grupos para comezar o traballo de reflexión sobre o tema suxerido, a partires dun texto e unha serie de preguntas. O debate foi moi participativo e enriquecedor, e xurdiron diversas ideas e propostas relativas a nosa situación actual como comunidade cristiá de base, así como sobre as posibles accións a desenvolver no futuro inmediato. Xunto a críticas e autocríticas, houbo espazo para a esperanza, para proxectar unha mirada construtiva cara ese mundo posible e necesario.
Rematamos a xornada coa proxección dun vídeo, unha breve oración e o canto do Noso Pai. Un improvisado aplauso final serviu de feliz peche á xuntanza.



