Hoxe, sábado 21 de xaneiro, dende as 10:30 ás 12:00 horas, tivemos outra oportunidade para compartir e reflexionar na segunda xuntanza conxunta que acordamos manter durante este curso.
Foi un encontro sinxelo, aberto a todas as persoas, no que, reunidas en pequenos grupos, puxemos en común as nosas experiencias e opinións a partir do tema proposto e rematamos, coma sempre, cunha oración comunitaria.
Antes da xuntanza formal, sobre as 10:10 ou 10:15 horas, comezamos tomando un café ou chocolate quente con algún petisco doce.
Cremos que é importante compartir estes novos espazos para enchernos de esperanza e axudarnos a seguir camiñando. Animádevos a participar na próxima reunión da gran Comunidade! Contamos con vós!





