A Revolta das Mulleres na Igrexa segue a camiñar. Recentemente entregáronse as conclusións do Sínodo das Mulleres en distintas sedes dos obispados de todo o estado español. E Galiza non ía ser menos, nas dióceses de Tui-Vigo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense, Lugo, e por suposto Santiago de Compostela, como se recolle na imaxe .
En Santiago, a onde acudiu unha delegación de mulleres da diócese de Tui-Vigo na que participaban mulleres da nosa parroquia, celebramos unha xornada festiva e reivindicativa o sábado 8 de outubro. Nesa xornada tivemos a feliz oportunidade de asistir á inauguración da Praza Exeria, e a continuación, ao fío das convocatorias en todo o estado do movemento da Revolta de Mulleres na Igrexa, leváronse ao arcebispado as conclusións do sínodo de mulleres. O bispo tivo a ben achegarse e tivo un breve diálogo con algunhas das participantes. Agardamos que sexan o comezo dunha maior apertura ante tantas e tan xustas demandas! Ata que a igualdade sexa costume!