Dende a Rede Social Galicia Sur, da que forma parte a nosa parroquia, convídannos a un Círculo de Silencio virtual, desde cada fogar, este xoves día 26 de marzo ás 19:00 horas.
A Rede Social Galicia Sur únese nesta ocasión a unha iniciativa dos Círculos de Silencio do resto de España.
Na situación excepcional que estamos a vivir como consecuencia da epidemia do COVID-19, os Círculos de Silencio de todo o Estado queremos seguir estando cerca das persoas máis esquecidas, máis abandonadas. Por iso, desta vez o Círculo será moi especial, non so como consecuencia da situación de confinamento derivada do estado de emerxencia, senón tamén porque é a primeira ocasión en que se unirán na mesma iniciativa conxunta os Círculos de Silencio de toda España e de Marrocos.
Animamos a participar a toda a cidadanía de forma virtual da seguinte maneira:
• Mandar antes do xoves ás 19:00 unha mensaje por WhatsApp ao teléfono 626314127 dicindo: “Yo me uno/Eu únome a #CirculosDeSilencioEnCasa #Ahoramasquenunca #AgoraMaisQueNunca”, cunha foto como a que se pode mirar no cartaz (abaixo á esquerda), e indicando tamén a cidade ou vila dende o que nos unimos.
• Publicar a foto nas redes sociais con eses hashtag e etiquetarnos.
Invitamos a ter uns minutos de silencio ás 7 da tarde, cada quen na súa casa, pero cinguidos no silencio polas personas máis esquecidas, agora máis que nunca.
#AgoraMaisQueNunca, #AhoraMasQueNunca coas esquecidas, coas abandonadas por un sistema inxusto e inmoral.
#CirculosDeSilencioEnCasa
Ofrecemos a continuación os manifestos en galego e castelán e tamén, para as persoas migrantes que aínda non dominen as linguas locais, en inglés e francés.