Ese acolle aos pecadores e come con eles (Lucas 15, 1-3, 11-32)
Xesús acolle a todos/as sen prexulgar a ninguén, compartindo o alimento, os recursos, a palabra, a vivencia, con todas as persoas por igual, levando así á vida cotiá a súa mensaxe de fraternidade universal.
Sigamos o seu exemplo, compartindo unha vida que defenda e practique a fraternidade ata as últimas consecuencias. Isto implica denunciar as inxustizas e acoller as persoas inxusticiadas, vítimas das estruturas de pecado que constitúen o sistema capitalista.