Con motivo das Charlas de Coresma, que todos os anos celebramos na nosa comunidade, contaremos coa presenza de José Arregi, exfranciscano, casado, profesor universitario xubilado e colaborador habitual de publicacións como Atrio ou Fe adulta.
Arregi falaranos, dende a súa reflexión pero tamén dende a súa experiencia, da espiritualidade que necesitamos nos nosos tempos. O venres 22 ás 20:00 horas a charla terá por título “Espiritualidade do éxodo para tempos de éxodo” e o sábado 23 ás 17:00 horas, en vésperas do aniversario do asasinato de Óscar Romero, “Espiritualidade de San Romero de Xesús e de América”.
Agardámosvos para continuar compartindo espazos de formación e de encontro que nos axuden a crecer e camiñar como persoas que seguen a Xesús de Nazaret.