Hoxe na nosa parroquia celebramos un encontro informal coa pretensión de escoitar e compartir a experiencia de varias persoas da nosa comunidade no 38 Congreso da Asociación teológica Juan XXIII, que tivo lugar en Madrid entre os días 7 e 9 de setembro baixo o título de Mística y Liberación.
Un grupo amplo e variado de en torno a 25 persoas desfrutamos coas vivencias, impresións e aprendizaxes que Marimar, Ánxeles, Isabel e Fernando nos transmitiron, animándonos a participar neste tipo de actividades.
O encontro foi unha oportunidade para intercambiar impresións, compartir un rato agradable e descubrir algunhas pistas para ir afondando no ámbito da espiritualidade desde perspectivas tan variadas como enriquecedoras.
Se queredes escoitar os audios do Congreso están neste enlace.
¡Grazas a tod@s por asistir!