COMEZAN OS CAMPAMENTOS DE VILÁN

Un ano máis, e desafiando unha climatoloxía desfavorable, comezaron os campamentos de Vilán que como outros anos desenvólvense en dúas quendas:

  • Unha primeira quenda de “pequenos”, que coa entrada na comunidade a través da súa primeira comuñón fan a súa primeira experiencia comunitaria cos que foron os seus catequistas durante dous anos. Está a levarse a cabo desde o 29 de xuño ao 2 de xullo.
  • Unha segunda quenda de “maiores” cos que continuaron a súa formación cristiá despois da primeira comuñón e camiñan cara á confirmación. Tamén van acompañados dos seus catequistas e outras persoas da comunidade que se encargan da cociña e outras actividades. Estarán en Vilán do 2 ao 8 de xullo. E tamén van cunha gran ilusión dispostos a desafiar unha climatoloxía adversa.

¡ FELIZ ESTANCIA EN VILÁN!