COMEZAN AS COMUÑÓNS

A mesa de Xesús, que é tamén a mesa da comunidade do Cristo da Victoria, está preparada para recibir aos sesenta e cinco nenos e nenas e ás súas respectivas familias. Será nos próximos catro sábados de maio. Os catequistas e os nenos decoraron con esmero a contorna da mesa.

Durante dous anos estes nenos e as súas familias preparáronse, non só para este momento, senón para coñecer mellor a “o seu amigo Xesús» e facer del o compañeiro imprescindible no camiño da vida dende unha comunidade cristiana.

Parabéns a todos (nenos, catequistas e familias)!!!