A finais de ano a Xunta penduraba o borrador do decreto que desenvolve a lei da RISGA. Xunto á publicación deste documento abren un período para presentar alegacións que finaliza o 19/01/2018.
Dende a ODS-Coia elaboramosuse unha proposta de alegacións, que animamos a presentar nos rexistros da Xunta antes do 19 de xaneiro a todas aquelas persoas comprometidas coa xustiza social (só tes que encher os teus datos e asinar).
Fronte a “esmola social” da RISGA e do resto de políticas sociais propoñemos a creación dun novo dereito que supere a política vixente prestacións e axudas sociais que non eliminan nin o empobrecemento nin a desigualdade. Fronte a isto propoñemos un novo dereito: a Renda Básica das iguais que garanta, xunto a outras medidas, unha vida digna para todas as persoas. Na transición cara ese novo dereito propoñemos unha serie de medidas de urxencia que detallamos nos seguintes puntos:
– Contía digna: ninguén cobrando menos de 890 €/mes por persoa (metade da renda per cápita da Galiza, dividida entre todas as persoas residentes no país). Así como a eliminación do IPREM que leva 6 anos conxelado.
– Dereito para aquelas que residan na Galiza, con indepencia do seu pasaporte e situación administrativa.
– Brevidade e simplicidade na tramitación: as resolución as fai a Xunta, sen pasar polos servizos comunitarios dos concellos, e ten que estar resolta nun prazo máximo dun mes dende a solicitude.
– Compatibilidade con axudas e prestacións (PNC, Axuda familiar, RAI…) de contía inferior mentres non desaparezan.
Botádenos unha man enchendo a alegación que podedes descargar aquí >http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/model…
As podedes enviar de varias formas:
1- Enchendo o formulario na web da Xunta onde está subido o borrador > https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/…
2- Meténdoa a través do rexistro da Xunta.
3- Achegándonola ao noso mail ([email protected]) e dende aí as enviamos nós.