VACACIÓNS SOLIDARIAS

Hai diversas maneiras de pasar as vacacións de verán. La Voz de Galicia hoxe publica a noticia de que “catro galegos pasarán tres semanas traballando nun orfanato e hospital pediátrico do Congo”. Na súa maleta non levaban outra cousa máis -á parte de roupa, calzado e aveños de aseo- que un importante lote de material escolar doado polos  nenos dun colexio de Tui, e outras cousas doadas por diversos grupos para traballar con nenos.

Pero tamén na nosa comunidade hai vacacións solidarias. Nuria pasa o seu mes de vacacións en Yaundé (Camerún – Africa Central) traballando con mulleres e nenos pertencentes á Misión que as Dominicas da Anunciata posúen nunha zona periférica de Yaundé. Tamén partiu con dúas grandes maletas de materiais para talleres sobre as que tiveron que facer a vista gorda nos mostradores das aerolíneas. Desde Vigo felices vacacións solidarias e que para o próximo verán sexamos mais os que optemos por esta forma de vacacións..