@s dominic@s lánzanse ao «continente dixital», e fano renovando a súa web, dominicos.org. O froito de «dous anos de traballo e agarimo», como explicou onte á noite na súa presentación o director de comunicacións da Orde, frei Iván Calvo Alonso. Máis de 700 páxinas de contido vertebran o renovado sitio, baseado sobre tres alicerces: predicación, espiritualidade e estudo.