O noso bispo Luis está a realizar a visita pastoral à nosa parroquia.
Luís Quinteiro Fiúza naceu en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947. Realizou os seus estudos eclesiásticos no Seminario de Santiago de Compostela, a Universidade Pontificia de Comillas, a Universidade Pontificia Gregoriana de Roma e o Instituto de Teoloxía de Múnich. Licenciouse en Teoloxía e Filosofía, e doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma.Foi formador do Seminario Menor de Santiago, coadxutor da parroquia de San Xoán Apóstolo de Santiago, capelán das Rvdas. Relixiosas Calasancias de Santiago e profesor do Instituto Teolóxico Compostelán. Ocupou os cargos de director do Burgo das Nacións (da USC), director do Instituto Teolóxico Compostelán, reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela, deán da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, vigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela e bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002). Foi nomeado bispo da diocese de Ourense o 22 de setembro de 2002, e bispo da diocese de Tui-Vigo o 28 de xaneiro de 2010.
O xoves 1 de decembro visitou ós enfermos da Parroquia e mantivo unha xuntanza co Consello Parroquial ampliado. O Sábado 3 continuou ca visitia ós enfermos. O Domingo 4 celebrou a eucaristía de 12,30 ca comunidade e invitounos a ser comunidade comprometida na loita social e no cuidado dos mais necesitados -como nos aconsella o Papa Francisco-. Despois comparteu o xantar c@s dominic@s.
Agradecemoslle de corazón á sua visita pastoral á nosa comunidade.