Hai tempo escoitei a Javier Vitoria dicir como influíra na súa vida e na súa teoloxía asumir o coidado da súa nai durante moitos anos. Quizais porque eu iniciei agosto coidando da miña, ou porque terminei xullo preparando, cos colectivos «Territorio Doméstico» e con «Senda de Coidados», a nosa achega ao I Congreso de sobre Emprego de fogar e Coidados que se realizará en Madrid os días 1 e 2 de Outubro, o meu post de hoxe vai sobre a teoloxía e a espiritualidade dos coidados.