Non podemos deixar pasar este día sen ter unha lembranza para Domingo de Guzmán (San Domingos) inspirador de toda a espiritualidade que desde outubro de 1972 vivimos na nosa comunidade parroquial do Cristo da Vitoria. Na historia de Galicia e do Norte de Portugal temos constancia xa da presenza dos Dominicos e Dominicas desde os primeiros anos da fundación (1216). Un dominico -San Pedro Gonzalez- San Telmo– e o patrono de Diocesde de Tui-Vigo. Agora que se cumpren 800 anos de dita fundación deixamos nesta páxina algúns enlaces para coñecer a figura de Domingo e da sua fundación.